Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos

Carme Fernández Pérez-Sanjulián

Universidade da Coruña (España)
carme@udc.es

Mª Antonia Pérez Rodríguez

Universidade da Coruña (España)
mapr@udc.es

Eduardo Rodíguez López

Universidade da Coruña (España)
eduardo.rodriguez.lopez@udc.es

Ángeles Saavedra Places

Universidade da Coruña (España)
asplaces@udc.es
Janus. Anexo 1 (2014)
Fecha de publicación: 11/04/2014
[Cómo citar]
<URL: https://www.janusdigital.es/anexos/contribucion.htm?id=15>
Descargar PDF
Resumen

Explicación da metodoloxía e das ferramentas informáticas desenvolvidas para acometer un proxecto de investigación propio das Humanidades dixitais. En concreto, este proxecto ten como obxectivo fundamental estudar a produción editorial na Galiza durante a etapa franquista (1939-1975), analizar se existiu unha industria cultural editora e en que medida esta funcionou como canle difusora, tanto dunha liña de resistencia política contra o franquismo, como noutra de aposta pola conservación e posta en valor da identidade cultural da Galiza.
Tras unha breve introdución ao proxecto, preséntase a metodoloxía seguida no proceso de recuperación e catalogación dos fundos, explícase como se desenvolveu o proceso de importación masiva dos catálogos das bibliotecas públicas máis relevantes da Galiza, así como as súas características técnicas e, a seguir, descríbense as ferramentas informáticas deseñadas. Finalmente, sinálanse os problemas metodolóxicos atopados e as solucións que se foron adoptando pois considérase que poden ser de interese para outros proxectos do mesmo tipo. Coidamos que o noso modo de enfrontalos e a experiencia obtida á hora de resolvelos constitúen, de seu, achegas relevantes deste proxecto ao mundo das Humanidades dixitais.

Palabras clave: Produción editorial, base de datos, clasificación bibliográfica, franquismo, Galiza


Abstract

Explanation of the methodology and the computational tools developed to undertake a research project within the domain of the Digital Humanities. In particular, the main goal of this project is to study the publishing industry in Galicia during the Franquist period (1939-1975), to analyze whether there was a culturally-concerned publishing industry and to determine the extent to which this acted as a means of public diffusion, both of political resistance against Franquism as well as the commitment to the preservation and enhancement of the Galician cultural identity.
After a brief introduction to the project, we present the methodology followed throughout the process of retrieval and cataloging of the lists of titles, we explain now the process of the massive importation of the catalogs of the most important Galician public libraries was carried out, as well as their technical features and, subsequently, we describe the computational tools designed. Finally, we point out the methodological problems found and the solutions adopted given their possible usefulness for similar projects. We consider that the way they were dealt with and the experience gained solving them constitute, in themselves, important contributions of this project to the area of digital humanities.

Keywords: Publisher production, Data bases, Bibliographic compilation, Franquism, Galiza